O Club Mar de Noia organiza a Regata da Liga Nacional de Remo de Mar

24 Setembro 2023

O vindeiro sábado, 30 de setembro a ría de Muros-Noia acollerá a primeira Regata da Liga Nacional de Remo de Mar e a única da liga nacional que se celebra en Galicia. Será na praia de Ornanda (Porto do Son).

Esta semana as instalacións do Club do Mar de Noia acolleron a presentación oficial da proba ante os medios de comunicación. Na cita confirmouse que o evento deportivo incluirá unha homenaxe a José González Capeáns ( Memorial “José González Capeáns”). A regata desenvolverase en horario de mañá e tarde e o inicio previsto será, aproximadamente, ás 09:30h.

Organiza o Club Mar de Noia, en colaboración coas Federacións Galega e Española de Remo.

Achega o seu apoio os Concellos de Noia e Porto do Son, ADECO-DEA e outras entidades, co patrocinio de Iberdrola.

A proba, a única desta modalidade deportiva que se desenvolve en Galicia, reunirá a uns 150 remeiros chegados dende diferentes clubs de todo ámbito nacional.

Como dixemos, amais do evento principal, celebrarase tamén o Trofeo de Promoción Memorial “José González Capeáns”, para categorías base, un dos grandes colaboradores do Club Mar de Noia recentemente falecido.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.