O BNG reclama medidas de apoio e protección nas rías galegas “ante o descenso da produción”

05 Setembro 2023

A portavoz de pesca do BNG, a pobrense Rosana Pérez, trasladou á Consellería do Mar a “grande preocupación do sector pesqueiro e marisqueiro” ante a caída na produción e a perda de postos de traballo nas rías galegas. Ao abeiro desta inquietude das e dos traballadores do sector, formulou unha pregunta sobre que medidas serán implementadas para paliar esta situación.

Na súa intervención explicou que das rías galegas viven directa e indirectamente miles de persoas e, polo tanto, “o seu estado e súa saúde, preocupa principalmente os e ás profesionais do mar” que levan anos, demandando un maior “apoio, protección, vixilancia e coidado”. Piden, dixo, “medios materiais, humanos e económicos”, contra o devalo produtivo dos últimos 20 anos.

“Os datos indican que a produción de ameixa babosa do ano 2022 reduciuse con respecto á media dos últimos 20 anos nun 69%, a fina nun 61 %, a rubia noutro 69% e a do berberecho un 23%.” A xuízo da deputada, “pérdese produción pero tamén valor desa produción, a pesar da suba dos prezos dos últimos anos, precisamente pola escaseza do produto”.

Por outra parte, tamén se referiu á perda de postos de traballo e Permex. Segundo os datos do Análise do Sector da Pesca (IGE), “o número de postos de traballo do subsector da pesca e acuicultura pasou de 33.481 no ano 2000 a 19.414 en 2020”, un 43% menos en 20 anos. E engadiu: “O número de permisos de marisqueo a pé (PERMEX) eran 3.724 en 2020 fronte aos 5.124 do ano 2005, un 27,4% en 15 anos. A día de hoxe son 3.614, 110 menos que hai dous anos”.

O propio sector, recalcou a portavoz de pesca nacionalista, “sabe que as solucións, ou as medidas que hai que poñer en marcha para tentar esas solucións requiren tempo e recursos, requiren planificación e actuacións a medio e longo prazo”,

“Ata o de agora”, dixo, “vostedes desbotaron sistematicamente as propostas do BNG para encamiñar unha progresiva recuperación das rías e da súa produtividade; e nós e as miles de persoas que viven do mar en Galiza queremos saber se xa se pararon a valorar a situación que temos e que medidas hai planificadas para recuperar as rías e a produción marisqueira en Galiza”.

Tras a intervención da directora xeral de Desenvolvemento pesqueiro, Susana Rodríguez Carballo, que recoñeceu a baixa produción de moluscos e bivalvos, a nacionalista replicou a que espera a Consellería do Mar para frear esta merma continúa e lamentou que Rodríguez Carballo “ademais de non responder ás preguntas formuladas polo BNG non anunciara ningunha medida concreta para “paliar esta desfeita”.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.