O BNG esixe ao Goberno que paralice de inmediato as verteduras de augas residuais da mina de San Finx        

09 Setembro 2023

A deputada do BNG Rosana Pérez vén de presentar no Parlamento unha batería de iniciativas nas que esixe á Xunta do PP que paralice de inmediato as verteduras de augas residuais da explotación de San Finx, en Lousame, logo de ter constatado a propia Administración altos niveis de contaminación augas abaixo das balsas mineiras.

Rosana Pérez leva de novo ao Parlamento os problemas medioambientais que o BNG, xunto a outros colectivos socias, teñen denunciando reiteradamente  dende hai anos. Nesta ocasión faino despois de coñecerse os resultados das análises levadas a cabo por Augas de Galiza no entorno das balsas da mina, que amosan niveis de metais pesados na auga que superan amplamente os máximos legalmente permitidos. En puntos non autorizados do rego Rabaceiras, subliña a deputada, o nivel de cadmio detectado é 78 veces superior ao permitido; o de cobre, 48 e o de cinc, 8.

“Os niveis de contaminación detectados en agosto son recorrentes, pero agora se recoñecen expresamente pola Administración galega, a mesma que nunca antes actuou ao respecto e a mesma que procedeu a outorgar un expediente de autorización de vertidos a unha empresa que non é fiable nin solvente”, criticou Rosana Pérez aludindo ao permiso outorgado en febreiro pola Xunta para verter en dúas fases catro millóns de metros cúbicos de augas residuais da explotación mineira de San Finx ao río Pesqueira.

Un permiso, lembra a deputada nacionalista, que supuxo a apertura de dilixencias por parte da Fiscalía e cuxas condicións xa foron incumpridas, pois o prazo inicial fixaba para o 1 de xullo a execución das obras dos sistemas de tratamento de augas residuais.

O Bloque critica na súa iniciativa que dende hai anos as sucesivas empresas concesionarias da explotación mineira trataron de esquivar a súa responsabilidade de recuperación ambiental da contorna da mina e sobre o importante problema que supoñen as balsas de residuos contaminantes. Tamén, agrega, a obriga de realizar un estudo de impacto ambiental que tería que ser avaliado pola Administración “da que partiu a iniciativa de non reclamárllelo nos últimos 14 anos.

“Non é lóxico -salienta- que con esta serie de incumprimentos e cunha proba piloto máis que cuestionable feita pola empresa, a Xunta lle vaia permitir verter sobre o medio miles e miles de litros de auga con metais pesados, nin que non considere eses incumprimentos motivos máis que suficientes para paralizar a súa actividade e obrigala a restaurar o medio”.

É por iso que o Bloque esixe no Parlamento que a Xunta do PP paralice de inmediato as verteduras de augas da mina de San Finx, artellando todos os mecanismos legais e técnicos que sexan precisos. O BNG reclama ademais ao Goberno galego que obrigue á empresa a  cumprir a Lei de Responsabilidade Medioambiental para previr, evitar e reparar danos medioambientais e, de non ser así, que actúe subsidiariamente con cargo ao patrimonio da concesionaria, dos seus administradores, propietarios e demais responsábeis subsidiarios.      

Finalmente, na iniciativa presentada por Rosana Pérez emprázase á Xunta a suspender a actividade da empresa mineira concesionaria mentres non se leve a cabo o obrigado estudo de impacto ambiental da mina e se regularice a situación de ilegalidade na que se atopa a explotación.

“Non é lóxico que a unha empresa se lle permitan acometer accións concretas sobre unha explotación mineira, como pode ser a autorización de desaugar unha galería ateigada de metais pesados, antes de que se lle obrigue a asumir a súa responsabilidade sobre problemas de extrema importancia derivados da súa propia concesión e que supoñen un perigo extraordinario”, advirte a deputada en relación ao risco medioambiental, económico e social que supoñen as instalacións de San Finx para toda a súa contorna e para toda a ría de Muros e Noia

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...