
Este mes de outubro celébrase en terras de Dodro a XVIII edición da Carreira Pedestre de Lestrobe 2023. O alcalde do Concello de Dodro, Francisco Xabier Castro Tourís, presentou este importante evento deportivo os días pasados, xunto co técnico de deportes, Nando González.
A proba, que conta cunha gran tradición, celebrarase o vindeiro 12 de outubro no entorno de Lestrobe. Como novidade, esta edición, está dentro do IX Circuíto de Carreiras da Deputación da Coruña.
As persoas interesadas en obter máis información e en inscribirse, poderán realizalo na páxina de carreirasgalegas.com.
Haberá cinco categorías: Absoluta 10K (10 quilómetros), Sub 14 e Sub 16 (3,7 quilómetros), Sub 12 (1.3 quilómetros), Sub 10 (750 m), Pé de Millo (650 m) e Pavón (100 metros).




