Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á presentación en sociedade da Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas.
Tamén abordamos os seguintes temas:
– Mar destaca o efecto tractor de CONGALSA o seu papel transformador
– O CITIC participa con oito iniciativas en Proxectos de Xeración de Coñecemento 2022
– O centro atlanTTic lidera un proxecto europeo de loita contra o cancro
– Entrevistamos aos responsábeis da empresa innovadora Indominus
– O visor A paisaxe galega desde a bicicleta inclúe 52 rutas con máis de 2.300 km
– A Xunta impulsa un Xemelgo Dixital que facilite a toma de decisións a nivel autonómico
– A futura lei de IA de Galicia, en consulta pública
– Telefónica achegará o equipamento do estudo audiovisual virtual da Cidade das TIC
– Galicia acolle actuacións para reducir ao mínimo as vítimas en sinistros
– O CPEIG inaugurou o seu curso sobre retos e oportunidades da eAdministración
– O CPEIG reflexiona nesta volta ao cole sobre a cuestión dos móbiles nas escolas
– As tecnoloxías disruptivas espallan as fronteiras da nosa lingua e a nosa cultura
– Xa ten palmarés o I Premio de Oratoria que homenaxea a Ramón Otero Pedrayo
– ECAI celebrará o seu 50 aniversario en Santiago (da man do CiTiUS)
– O Concello de Santiago pon en marcha un intenso programa de formación maker
– As empresas e as entidades galegas converten a innovación nunha constante
– A Asociación de Enxeñeiros Industriais pon en marcha unha Oficina Acelera Peme virtual
– Os proxectos de AntarticLab CSIC viaxarán á Base Antártica Española Juan Carlos I