Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

12 Agosto 2026

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 277,  na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.


Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á vertente dixital do novo Plan para a Normalización da Lingua Galega e á actualidade tecnolóxica relativa á eclipse do 12 de agosto. Tamén abordamos os seguintes temas:
— Pont-Up Store selecciona 48 revolucionarias candidaturas para a súa próxima edición
— O CITIC, o MIT, Inditex e Hijos de Rivera únense para aproveitar residuos do lúpulo
— Gradiant medrou un 20% en 2025, superando por primeira vez os 17 millóns en ingresos
— A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur
— A Consellería de Educación e o CPEIG renovan para seguir impulsando Navega con rumbo
— Fernando Suárez (CPEIG) reivindica as claves para estarmos (ben) informados na era da IA
— Máis de 390 millóns de euros foron mobilizados en 2025 coa Axenda Galicia Dixital 2030
— A eAdministración mellorará a súa accesibilidade coa axuda de funcionarios habilitados
— A Consellería de Cultura e Lingua presentou os detalles do Plan Lingua Galega
— A Rede galega ferve de recursos e recomendacións arredor da eclipse do 12 de agosto
— A UDC activa un proxecto que reivindica o patrimonio literario rural con novas ferramentas
— O CiTIUS loce tecnoloxías con impacto nunha nova xornada Inside the Lab
— Entrevistamos a Manuel Meijide, cofundador da compañía coruñesa ScanMeNow
— Vitae: “Nos nosos 20 anos chegamos a formar a máis de 39.000 profesionais”
— As empresas e as entidades galegas converten a innovación nunha constante
— Augas de Galicia fai unha proclama polo consumo responsable

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.