Manselle celebra este sábado a nova edición (2023) do Festivalo

20 Setembro 2023

O Concello de Dodro (a través da Concellería de Cultura e Patrimonio) organiza este sábado o Festivalo 23, que se vai celebrar no Valo de Manselle na aldea do mesmo nome e onde unha vez máis poderase desfrutar da mellor música galega actual e de xeito gratuíto.

Pulpiño Viascón e a súa Musicleta será o encargado de inaugurar o evento. Farao cun espectáculo humorístico e de animación en formato de “home orquestra”. Será ás 20.00 horas. Trátase dun espectáculo para toda a familia con todo tipo de aparellos sorprendentes convertidos en instrumentos. A actuación que forma parte da Rede Cultural 2023 da Deputación da Coruña.

Algo máis tarde actuará Pecha a Cansela, grupo de rock de Dodro integrado por Antía, Lois, Martiño, Jorge, Saleta e Duarte.

A continuación será a quenda de García MC e Nación Quilombo, ás 22.30 horas. García MC é un dos máis reputados rapeiros do panorama galego. Esta tempada presenta Archipiélago Quilombo, o seu segundo disco, publicado no 2022. Reggae, latin, hip hop pero sobre todo mensaxes, ideas en cada rima, en cada frase, son os ingredientes básicos do seu traballo.

Este concerto intégrase na Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.