O Convento do Carme de Padrón acolle estes días unha exposición de Lestrovense, pseudónimo de Mateo Pardal, veciño de Lestrobe. Poderá verse até o 24 de setembro.
Lestrovense vén de expoñer a súa obra recente en Vigo, Ourense e Salamanca e volta a casa coa súa obra.
A exposición componse de preto de 30 cadros, con cadanseu texto explicativo, en diferentes formatos.
A mostra inclúe unha curtametraxe sobre as dúas narías de Santiago. Nela, as protagonistas narran a súa historia por medio dun monólogo.
A entrada é gratuíta en horario de 10.30 a 14.30 horas e de 16.30 a 20.30 horas.




