Interrompido esta mañá o tráfico na AG-11 ao seu paso por Boiro por mor dun accidente no que unha persoa resultou ferida

28 Setembro 2023

O turismo, que ao saírse da vía chocou contra a mediana, produciu que un carril da AG-11, ao seu paso pola parroquia de Lampón, vise interrompido o tráfico no carril esquerdo da circulación, sentido Ribeira.

Foron varios particulares quen, ao fío das 10:30 da mañá de hoxe, informaban ao 112 Galicia para alertar de que un coche tivera unha saída de vía e chocara contra a mediana.

De inmediato, os xestores do CIAE-112 Galicia déronlle aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Boiro e de Ribeira, á Policía Local, á Garda Civil e aos membros de Protección Civil.

Unha vez no punto, os medios de intervención alí desprazados comunicáronlle ao 112 Galicia que o condutor, tras ser atendido polo persoal sanitario, fora trasladado ao centro hospitalario de referencia.

Debido aos estragos ocasionados polo impacto, o persoal de control da vía comunicou ao 112 Galicia o peche da circulación nun carril. Por iso, os xestores de emerxencias puxeron os feitos en coñecemento do persoal do servizo de mantemento, que se encargou de restablecer as condicións desta.

Con todo, segundo a información recibida no 112 Galicia a vía está totalmente habilitada ao tránsito.

Dotación de bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Boiro e Ribeira interviron en accidente con feridos na AG-11 ao seu paso polo Concello de Boiro. Bombeiros Boiroa

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.