“Inseguridade social” – José Manuel Pena

25 Setembro 2023

A Fundación Europea para a Mellora das Condicións de Vida e de Traballo da UE (Eurofound) sinala que “os sentimentos de inseguridade en varios aspectos da vida da poboación europea están estendidos, mesmo entre as persoas que están materialmente acomodadas. Os responsables políticos deben ter en conta estas inseguridades para entender mellor as preocupacións e os descontentos da cidadanía”.

Este coñecemento pode contribuír de maneira positiva á elaboración de políticas sociais e laborais. A pesar de que, en xeral, mentres moitas persoas en Europa están a un nivel material relativamente acomodado en comparación con persoas doutras partes do mundo, os sentimentos de inseguridade poden representar unha rega para a calidade de vida. Así son moitas as inseguridades: a inseguridade persoal; a inseguridade respecto á vivenda; a inseguridade respecto á asistencia sanitaria; a inseguridade laboral e a inseguridade respecto aos ingresos na vellez, entre outras.

No propio documento de reflexión da Comisión Europea tamén se sinala que o emprego pode protexer das inseguridades coa achega de ingresos e dunha mellor protección social, mediante, por exemplo, o seguro de desemprego, a acumulación da pensión, o seguro de accidente e o seguro de saúde, ademais dos dereitos sociais básicos que non dependen do emprego. Con todo, o Piar Europeo dos Dereitos Sociais recoñece que o emprego non sempre protexe contra a pobreza, e esixe aos responsables políticos que aborden este tema de maneira real e eficaz.

En relación ao caso da inseguridade respecto á vivenda, o Eurofound sinala que “os responsables políticos deberían prestar especial atención ás persoas no compartimento inferior da distribución de ingresos que viven en vivendas alugadas do mercado privado”.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.