Fabiola García visita en Ribeira a unidade móbil do programa Coidados Porta a Porta

12 Setembro 2023

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, estivo este martes 12 de setembro na súa terra de orixe, en Ribeira, coincidindo coa nova estadía na cidade da unidade móbil do programa de Coidados Porta a Porta da Xunta de Galicia (dende onte e até mañá mércores). Segundo fixo saber a conselleira, o programa atendeu a máis de 50.000 persoas maiores, que recibiron gratuitamente coidados en podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria nas oito unidades móbiles deste servizo que percorre todos os concellos de Galicia, agás as sete grandes cidades.

A conselleira destacou “a importancia do Coidados porta a porta para achegar servizos de proximidade e de calidade ás persoas maiores”.

En Ribeira esta é a terceira parada que fai o programa, e nas súas anteriores un total de 150 veciños beneficiáronse deste servizo. O horario de atención é de nove da mañá a oito da tarde e as persoas que desexen acudir soamente teñen que pedir cita previa nos número de teléfono 622 748 283 ou 623 546 992, ou ben na seguinte dirección de correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal

Fabiola García garantiu “o compromiso do Executivo autonómico cos maiores de Ribeira”, e puxo como exemplos “a posta en marcha das Aulas do maior de Aguiño” ou “a próxima construción da nova residencia, con 100 novas prazas públicas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.