Este domingo 3 de setembro celébrase a primeira edición da Andaina Solidaria Aguiño Contra o Cancro

02 Setembro 2023

O evento está organizado pola Asociación Española Contra o Cancro e conta co respaldo do Clube Xuventude Aguiño, a Asociación Mariño Lorenzo e a Parroquia de Aguiño.

A andaina, cun percorrido de 5 quilómetros, sairá do Porto cara a Penisqueira, onde está previsto que se realice un pequeno recital e unha homenaxe a tódalas vítimas de cancro da parroquia de Aguiño.
Estímase que máis de 300 persoas acudan ao encontro.

O concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, e María José Carreira, da Asociación contra o Cancro de Ribeira, presentaron este pasado mércores 30 de agosto a primeira Andaina Solidaria Aguiño Contra o Cantro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.