Esta “finde” celébrase en Broña (Outes) a nova edición da andaina solidaria e o Cross de Verán

15 Setembro 2023

Este domingo 17 de setembro celébrase a nova edición (a dezasete) do Cross de Verán de Broña (Outes), precedida dunha andaina solidaria o día anterior, o sábado, en favor da asociación inclusiva da comarca ADIBISMUR.

A andaina celébrase como dixemos o 16 de setembro, da man do Club de Atletismo. Inclúe un percorrido de 12 quilómetros pola Ruta dos Carpinteiros, que dará comezo ás 9.30 horas. Esta actividade deportivo-solidaria tivo o prazo de inscrición até este xoves, aínda que é posíbel formalizar a nosa participación no meso día da actividade no punto de control, na caseta de socorrismo de Broña.

Polo que se refire á XVII edición do Cross de Verán de Broña, está organizada polo Club Atletismo Outes en colaboración co Concello, a Deputación Provincial da Coruña, a Asociación Veciñal O Pedregal (San Cosme, Outes), Protección Civil de Outes, Cruz Vermella de Noia, IDIS (Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago), Club Revoltas Ciclistas e Asociación Terra de Outes. Haberá dous dorsais de 10 e 5 quilómetros e categorías de menores, infantil e cadete. Malia que as inscricións pecharon este xoves, as e os deportistas das categorías de menores de idade, de maneira excepcional, poden apuntarse na proba o mesmo día da celebración.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.