Un aparatoso accidente o que se rexistrou onte pasadas as 17.20 horas na estrada de Frións ao seu paso pola parroquia ribeirense de Carreira.
Segundo recollen La Voz de Galicia e Diario de Arousa, dous coches chocaron frontalmente cando circulaban pola DP-7301 á altura do punto quilométrico número 2. Por mor do golpe, cinco persoas, entre eles dous menores, tiveron que ser trasladados ao hospital de Barbanza con feridas de diversa consideración.
Ao parecer, un dos vehículos saíuse do seu carril á hora de tomar unha curva por causas que se descoñecen.




