En Ribeira máis de 300 persoas sumáronse á VIII andaina ‘Os Camiños dá memoria” ao ritmo de Tonhito de Poi

08 Setembro 2023

A marea verde de AGADEA ALZHEIMER realizou un ameno percorrido de 7 quilómetros, entre ‘lusco e fusco’, por senllas urbanas e boscosas de Ribeira

A tarde do venres deu comezo en Santa Uxía a tradicional andaina ‘Os Camiños dá Memoria’, coa que a entidade social AGADEA, busca visibilizar e sensibilizar sobre o Alzheimer.
Máis de 300 persoas sumáronse á ‘marea verde’ que discorreu por 7 quilómetros entre zonas urbanas e rurais. O pistoletazo de saída deuno o cantante de Herdeiros dá Crus, Tonhito de Poi, quen puxo a nota de humor. Anteriormente, un grupo de voluntarias e voluntarios da Asociación de Amas de Casa de Ribeira, entregaron as camisetas conmemorativas ás persoas rexistradas. Durante máis de media hora, os participantes percorrendo o camiño que os levou por máxicas paisaxes, como Santa Clara, Pedra dás Cabras ou As Saíñas.


Entre os camiñantes, nenos e nenas, persoas maiores e familias, que ano tras anos danse cita nesta andaina, que se realiza co apoio da sociedade civil e o comercio local. Ata 35 establecementos realizaron doazóns, tanto económicas como con achegas materiais de comida e bebida coa que se realiza o avituallamiento e a festa final, que estivo amenizada cun mini concerto de Tonhito de Poi.
Destacar tamén o agarimo recibido en redes sociais por persoas recoñecidas da zona, como o influencer Rogelio Santos Queiruga, Teatro Airiños, compañía de danza Fran Sieira, a tiktoker Olivia sen Hache, o grupo Leite con Galletas…

Outros artigos

Avanzan as obras de rehabilitación da Casa da Cultura de Boiro

O Concello de Boiro está a levar a cabo as obras de rehabilitación integral da Casa da Cultura de Boiro, unha actuación adxudicada por 3.6 millóns de euros e que conta co financiamento do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible e o Ministerio de Vivenda e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

Antes de conocer el mundo, lo leímos. Antes de caminarlo, ya habíamos recorrido sus sendas, descifrando la urdimbre, esa palabra hermosa que nace del latín ordiri para tramar o tejer nuestra propia existencia. Fuimos porque otros soñaron antes. Navegamos con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.