En Dodro comezamos a semana coas Festas da Virxe do Leite (este luns, festivo local)

11 Setembro 2023

A festa non remata na nosa comarca en setembro: prolóngase de feito, até ben avanzado o mes. Quen queira conmemorar o remate do verán ten en Laíño (Dodro) unha boa oportunidade para facelo, concretamente coas Festas da Virxe do Leite, que se celebran dende este sábado 9 prolongándose até mañá martes.

A axenda deste luns (festivo local na honra de San Roque) comeza a primeira hora da mañá co grupo de gaitas Os Mersenarios e segue cunha misa rezada ás 10.00 e unha misa solemne ás 13.00 horas. Logo está prevista unha sesión vermú coa Orquestra Trébol. A verbena nocturna virá da man (novamente) de Trébol e o Grupo América de Vigo.

O martes, día adicado a Santa Lucía, comeza unha vez máis coa contribución musical de Os Mersenarios. Logo da misa rezada das 10.00 horas e da misa solemne das 13.00 horas, haberá unha sesión vermú co Dúo Óbice Capital. A verbena terá como protagonistas aos Satélites e a París de Noia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...