CONGALSA, a empresa de alimentación e produtos do mar da Pobra do Caramiñal, deu un novo e relevante en materia de sustentabilidade e coidado medioambiental. Así, co obxectivo de reforzar publicamente o valor do seu compromiso coa Axenda 2030 de Nacións Unidas, a compañía do Barbanza uniuse á campaña #ODSporbandera lanzada polo Pacto Mundial de ONU España.

A campaña forma parte da iniciativa internacional #Togetherforthedgs impulsada polo Pacto Mundial da ONU na que participan varios países ao redor do mundo. Esta ten por obxectivo que diferentes actores mundiais representen, visualicen e certifiquen o seu compromiso cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel (ODS) na data en que se cumpre o ecuador da súa vixencia.
Deste xeito, un grupo de traballadores da compañía alzaron a bandeira dos ODS nun breve acto celebrado no Polígono da Tomada co que se quixo poñer en valor o compromiso de CONGALSA co cumprimento da Axenda 2030.
Neste sentido, no marco das súas políticas de gobernanza a empresa traballa aliñada cos ODS ao priorizar a procura de resultados tendo en conta o benestar das persoas e da contorna no que se sitúa e apostando pola sustentabilidade desde unhas tripla vertentes: social, económica e ambiental.



