Este mes de setembro comezan en Noia as actividades de dinamización da lectura entre a rapazada. A primeira das actividades que van ter lugar na Biblioteca Municipal será Leo e as cores, de Trémola Teatro. A Actividade será ás 18:00 horas do venres 22 de setembro na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Vai destinada para nen@s de idades entre 0 e 3 anos. Para anotarse, xa que as prazas son limitadas, terán que chamar de luns a venres ao 699 30 14 81. Anotaranse un máximo de 2 nenos por adulto.
Sinopse
Leo é o león máis curioso de toda a selva. Un día, unha choiva de pompas quítalle ao elefante Ante e á tartaruga Uga as súas cores. Será capaz Leo, coa vosa axuda, de devolverlle as cores aos seus amiguiños?
A través de diferentes elementos sensoriais, Leo axudaranos a coñecer e gozar das cores.
