Boiro celebra o vindeiro 17 de setembro o VII Trail dos Indios – Castelo de Vitres

08 Setembro 2023

Boiro acolle o vindeiro 17 de setembro a VII edición do Trail dos Indios – Castelo de Vitres que organiza o Club Tribu Trail e que constará de dous percorridos distintos, un de 26 quilómetros e outro de 16 quilómetros. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na mañá deste 8 de setembro na presentación xunto co coordinador da proba Xosé María Rodríguez e Bea Barroso, vicepresidenta do Club.

A proba trátase dun trail de dificultade elevada “xa que transita por sendeiros e zonas moi rochosas, beiras de ríos e dificultade elevada”, polo que está pensada para persoas dun nivel de estado físico medio-alto, indicou Fajardo, engadindo que “estamos ante unha proba dura pero que transcorre pola nosa serra e que amosa a beleza das vistas dende o castelo de Vitres“.

“Retómase esta proba que non se puido facer dende o ano 2019 e este ano ademais homológase para que de cara ao ano que vén sexa puntuábel en probas oficiais”, afirmou o coordinador Xosé María Rodríguez. Este ano mantéñense os dous percorridos, o longo cun desnivel de +1.400 metros e o curto cun desnivel de +700m.

Tanto o trail como o trailiño constan de tres categorías Absoluta para masculina e feminina de 18 a 45 anos; Veterán para masculino e feminino maiores de 45 anos e Equipos, que deberán ser mixtos e ter un mínimo de catro membros. Haberá premios para os tres primeiros clasificados da categoría xeral, os tres primeiros da categoría veterán masculino e os tres primeiros de veterán feminino e o primeiro equipo.

As inscricións están abertas ata o mércores 14 de setembro ás 23.59 horas e poden facerse na web de magmasports.es. O prezo de inscrición é de 25 euros para o trail e 15 euros para o trailiño.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.