Boiro celebra o domingo unha nova edición da andaina de convivencia “Un mar de sorrisos” que organiza a Clínica Dental Rebeca Ozores

26 Setembro 2023

O Concello de Boiro colabora cunha nova edición da andaina de convivencia Un mar de sorrisos, que organiza a Clínica Dental Rebeca Ozores e que ten como finalidade promover os hábitos de vida saudábeis. Na presentación da actividade, celebrada na mañá deste martes 26 de setembro, participaron o alcalde, José Ramón Romero; e a xerente da clínica, Rebeca Ozores; e Antía Romero.

“Cada vez son máis as entidades e empresas que organizan eventos ou actividades como esta con fins solidarios ou que teñen como obxectivo promover o deporte ao aire libre, a actividade física e os hábitos de vida saudábeis”, afirmou o alcalde.

A andaina celebrarase o vindeiro domingo día 1 de outubro con saída ás 10.30 horas dende praia Xardín e fará un percorrido por toda a costa ata a praia de Mañóns.

“Trátase dun percorrido moi bonito de 13 quilómetros que transcorre todo pola costa e percorre as nosas praias e que rematará cun xantar e convivencia en Mañóns”, afirmou Antía Romero, da Clínica Dental Rebeca Ozores. Ao remate do percorrido haberá un concerto de D’Crooners e actividades para a rapazada na zona de Mañóns. A andaina é totalmente gratuíta e o prezo do xantar será de 10 euros.

“Esta andaina naceu fai cinco anos coa intención de relacionarnos nun ambiente relaxado de natureza e mar e que habitualmente non temos na clínica”, afirmou Rebeca Ozores. Hai inscritas preto de 250 persoas e as inscricións están abertas ata o venres 29 e poden facer na Clínica ou online.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.