Baroña despide o verán, este venres 29, coas Festas de San Miguel

29 Setembro 2023

Este venres 29 de setembro celébranse na parroquia de Baroña (Porto do Son) as Festas de San Miguel, baixo un lema que este ano vén moi a conto tendo en conta o clima que nos acompaña neste remate de setembro: O verán non remata ata non festexar ao San Miguel. A axenda festiva comeza ás 9.00 horas coas dianas e alboradas a cargo dos Pequenos do Barbanza e cunha misa solemne ás 13.00 horas. Un pouco máis tarde arrincará a sesión vermú coa Orquestra Fuego, que volverá polo noite para poñer o broche de outro á festa cunha gran verbena, xunto con Planet Disco Móbil e MaikStyle. Organiza a comisión veciñal en colaboración co Concello e Espectáculos Odisea.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.