As festas do Nazareno contarán tamén cun Espazo Violeta

13 Setembro 2023


A Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal dálles continuidade ás medidas para contribuír a uns festexos libres de agresións machistas, neste caso orientadas aos do Nazareno, segundo presentaron a concelleira da Igualdade, Estefanía Ramos; a axente da igualdade, Carolina Rodríguez; e Sara Outeiral, divulgadora que atenderá o Espazo Violeta nestas datas.
Este servizo habilitarase no interior da praza Alcalde Segundo Durán no horario do ocio nocturno: sábado 16 (de 22.00 a 01.00 horas), domingo 17 (de 22.00 a 01.00 horas) e luns 18 (de 22.00 a 02.00 horas). Xunto coa dita divulgadora estará a psicóloga Beatriz Guerra. A maiores dunha intervención profesional, en caso de ser necesario, en coordinación coa Policía local e a Protección Civil, realizaranse actividades lúdicas, como un photocall, a divulgación de activistas feministas, a creación de lemas e a difusión nas redes sociais baixo o cancelo ou hashtag apobracontraasviolenciasmachistas. Tamén se disporá para a veciñanza dunha caixa de correo para peticións de axuda e unha enquisa, e realizarase o repartimento de material como pulseiras, mochilas, tapas para os vasos contra a submisión química coa súa correspondente palla, abanos e folletos informativos.
“No Concello da Pobra do Caramiñal consideramos fundamental seguir loitando contra as violencias machistas”, apuntou a edil no momento de detallar tódalas medidas previstas. Con relación ao dito espazo, explicou a súa importancia, por unha dobre vertente: como un punto de axuda profesional ante unha agresión machista, previamente á activación do protocolo nunha situación desta índole, pero tamén como un lugar para informar e sensibilizar.
Así mesmo, contarase novamente coa implicación do sector hostaleiro. Unha trintena de establecementos participa na campaña, polo cal na porta dos aseos das mulleres haberá un plano coa localización e os horarios do Espazo Violeta. Todas estas accións contan con financiamento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, do Ministerio da Igualdade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.