As Festas do Carme farán vibrar Porto do Son a partir do xoves 7

03 Setembro 2023

O xoves 7 de setembro comeza unha nova edición das Festas do Carme de Porto Son. Arrincará coas dianas e alborada co grupo de gaitas Canlebó e proseguirá pola noite coa verbena das orquestras Fuego e New York, completándose a xornada coa disco móbil Chocolate. O día seguinte, 8 de setembro, concentrará as celebracións da Virxe do Carme. Logo das dianas e alboradas de Canlebó e da actuación da Banda de Música de Noia, sairá a procesión do Carme dende a capela da Atalaia até o porto, onde se celebrará a misa solemne ás 11h. Ao rematar, procesión marítima. Pola noite, ás 21h, actuará o Grupo A Misela e máis tarde Finisterre e Faina Blanco Show.

O sábado 9 será o día da Virxe do Loreto. A xornada comezará novamente con Canlebó e, tamén, coa Banda de Música de Caamaño. Haberá misas na capela do Loreto (cada hora dende as 8h até as 13h, e pola tarde ás 19 e ás 20h). Ás 13h celebrarase unha sardiñada popular no campamento do Loreto e Paco de Leña encargarase da sesión vermú. A verbena, pola noite, virá da man de Olympus, Chocolate Disco Móbil, Kike Varela e Mateo Abelleira.

O domingo será na honra de San Roque. Comezará con Canlebó e coa Banda de Música de Caamaño. Ás 12h haberá misa solemne na capela da Atalaia e logo procesión. Ás 19.30 terá lugar a Festa das Cores no porto e pola noite verbena con Parías de Noia e Costa Dorada. O luns 11 comezará coas dianas e alboradas de Chorimas e a Banda de Caamaño. Ás 12 haberá misa solemne na igrexa parroquial, seguida de procesión. Ás 17h, inchábeis e xogos para a rapazada no xardín do porto. Pola noite, verbena con Marbella e Assia. Ás 0.00 botaranse os fogos de artificio. As festas rematarán cunha ruada, unha festa da auga e unha traca final a cargo da Charanga Os Celtas.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...