Adxudicadas as obras para a instalación de enerxía solar fotovoltaica na estación depuradora de augas residuais da Pobra

04 Setembro 2023

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, adxudicou as obras para a instalación de enerxía solar fotovoltaica na estación depuradora de augas residuais da Pobra do Caramiñal.

Esta intervención, adxudicada á empresa Selnor Galicia, S.L. por 43.000 euros, comprende a redacción do proxecto técnico, dirección de obra, tramitación administrativa e execución dunha instalación fotovoltaica de 45kWp para autoconsumo nos terreos asociados á depuradora municipal, que xestiona Augas de Galicia.

A través deste contrato a Xunta busca garantir o aforro económico na facturación eléctrica derivada da xestión da estación depuradora, ao tempo que acadar unha importante redución de emisións de CO₂ equivalente.

Estas intervencións contan con financiamento europeo a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal 2014-2020 e do proxecto Aqualitrans II 1 E.

As obras nas instalacións da Pobra do Caramiñal súmanse ás que tamén se realizarán nas depuradoras dos concellos de Gondomar, Tomiño, Vilaboa e Nigrán; no concello lucense de Alfoz; e no municipio coruñés de Ortigueira, xa adxudicadas.

Estas intervencións forman parte das actuacións que impulsa a Xunta para avanzar cara á neutralidade enerxética nas estacións depuradoras de augas residuais xestionadas por Augas de Galicia.  

Outros artigos

Este venres entrégase en Rianxo o Premio Muller Salgada 2024

Mulleres Salgadas entregará o vindeiro venres día 28 de xuño o seu Premio Muller Salgada 2024. O acto, que conta coa colaboración do Concello de Rianxo, terá lugar ás 18.30 no Auditorio de Rianxo (A Coruña). A orixe do galardón A cultura do esforzo xeneroso,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La Confianza” – José Antonio Constenla

“La Confianza” – José Antonio Constenla

En la actualidad atravesando una crisis de confianza, con mil explicaciones, pero ninguna sencilla ni clara, que dificulta la comprensión del mundo en el que vivimos. Un efecto de estos es que los discursos no sintonizan con la realidad en la que estamos inmersos....