Aberto o prazo de preinscrición para os obradoiros da terceira idade do Concello de Ribeira

01 Setembro 2023

O Concello de Ribeira, a través da Concellería de Servizos Sociais, abriu este venres 1 de setembro o prazo de preinscrición para os distintos obradoiros que forman parte do programa de dinamización social para maiores.

Durante este mes celebraranse varios obradoiros impartidos pola psicóloga Angeles Pazos na sala de conferencias do Centro cultural Lustres Rivas, os mércores de 11:00 a 12:30 horas nas seguintes datas:

-6 de setembro: Como eludir unha conversa agresiva.

-13 de setembro: Co-dependencia e autocoidado.

-20 de setembro: Obradoiro de psicomotrocidade fina.

-27 de setembro: Obradoiro de relaxación.

Ademais destas actividades durante o mes de outubro levaranse a cabo obradoiros en tódalas parroquias coas seguintes temáticas: enriquecemento educativo, lingua e cultura galega, artes plásticas, ximnasia adaptada, competencias dixitais, taek-health e aula sociocultural para maiores.

As preinscricións poderanse realizar en Servizos Sociais, Atención Cidadá ou mediante a páxina web do Concello (ribeira.gal); cubrindo os formularios correspondentes.

Outros artigos

Ribeira prepárase para unha nova edición do IV Ciclo da USC

O Concello de Ribeira mantén aberto o prazo de matrícula da IV Ciclo da USC ata o 24 de xullo; unha acción formativa dirixida a alumnado maior de 50 anos, tal e como indicou a concelleira de Educación, Nucha Brión. Segundo manifesta a edil, "nunca é tarde para seguir...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.