O Concello de Boiro promove unha nova edición das Escolas Deportivas Municipais para o curso 2023-2024 nas distintas modalidades deportivas que ofrecen as entidades e clubs do municipio. As inscricións están xa abertas e poden formalizarse no departamento de Deportes do Concello de Boiro.
O programa está composto por actividades para nenos e nenas e actividades dirixidas a persoas adultas que se levan a cabo gracias á colaboración dos clubs deportivos. “As Escolas Deportivas Municipais do Concello de Boiro levan en funcionamento máis de 30 anos gracias á colaboración entre os clubs deportivo e a administración local para promover e fomentar o deporte e a vida activa e saudable”, afirmou o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo.
A oferta de actividades para persoas adultas engloba ximnasia para xubilados; Boiro Actívate, un programa específico para persoas con patoloxías; e tenis. En canto ao programa deportivo infantil e xuvenil hai mellora da motricidade, tenis, ciclismo, atletismo, voleibol, xadrez, remo, piragüismo, baloncesto, triatlón, natación, golf, vela e patinaxe artístico.
As inscricións para participar están xa abertas e a matricula para as distintas actividades ofertadas pode formalizase no Departamento de Deportes, situado na Casa da Cultura de Boiro. Máis información sobre as Escolas Deportivas Municipais na web www.boiro.gal, no teléfono 981 84 84 25 ou no enderezo electrónico deportes@boiro.org.