Abertas en Noia as inscricións para unha nova edición de Musicalizando (con seis modalidades)

A Área de Cultura de Noia abriu o prazo de inscrición das actividades formativas dunha nova edición de Musicalizando, que pon o foco nos novos talentos musicais do concello e que inclúe seis modalidades: clases de guitarra, piano, canto moderno, linguaxe musical, música en movemento e folclore tradicional galego. O obxectivo desta nova edición de Musicalizando, segundo informou o Concello, “é que todas as rapaces e rapaces do termo municipal poidan aprender a desenvolverse e mellorar nesta arte”.

As inscricións están abertas dende o 13 de setembro ata o domingo 24 de setembro. As actividades darán comezo a primeira semana de outubro. As persoas interesadas poden solicitar a folla de inscrición no Concello ou obtela na páxina de Facebook: Cultura – Concello de Noia. É preciso cubrir a folla e entregala no rexistro do Concello ou a través da sede electrónica.