Este sábado, ás 14.00 horas, darase a saída desde augas pobrenses á segunda etapa da Regata Alca. Esta proba constará dun percorrido polo interior da ría de Arousa de non máis de 15 millas, dependendo a lonxitude final da intensidade coa que o vento sorprenda ás 15 embarcacións que tomarán a saída.

O primeira manga, que se disputou o pasado 9 de setembro baixo unhas condicións de ventos frouxos, deixou no alto da clasificación ao Ziralla, de Ramón Barreiro, do Ro Yacht Club na clase ORC A, ao Mauritania de Ángel Romasanta, do CN Arousa Norte en ORC B e ao Fixius, de Miguel Pérez-Lafuente en ORC C.
Con todo por decidir e con algunhas sorpresas na clasificación preséntase esta segunda manga, onde os partes meteorolóxicos prognostican, aínda a falta de varias xornadas, ventos frouxos e variábeis en dirección.



