Esta finde chega finalmente a Noia un espectáculo teatral para a rapazada que representa unha das grandes estreas galegas do verán: Cubo, da compañía Elefante Elegante. Será no Noela este sábado 23 de setembro ás 18.30 horas. Cubo é unha función de 45 minutos para nenas e nenos de 3 anos en adiante. A entrada é libre até que se complete o aforo.
Trátase dunha peza abeirada o programa FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística e pensada para “animar os rapaces e rapazas a saír a explorar o mundo que os rodea e facelo en galego”. A maiores, Cubo é “un espectáculo teatral de fantasía, humor e poesía dirixido a público infantil e familiar que evoca a amizade, as separacións, a necesidade de coñecemento e a aventura de medrar desde a igualdade, rompendo os arquetipos de xénero”.




