A Regata Alca inaugura dende A Pobra a tempada outonal de cruceiros

07 Setembro 2023

A V Regata Alca comeza este sábado con saída e chegada no porto da Pobra. A organización corre a cargo do Club Náutico Arousa Norte e espera unhas 18 embarcacións na liña de saída.

Aínda cos últimos flocos do verán acariñando a ría comeza a Regata Alca, que marca o inicio da tempada outonal para a clase cruceiro. Esta proba, que vai xa pola quinta edición, é a encargada de dar a saída a unha serie de regatas polo interior da ría que levarán á frota arousá ata a primavera do 2024 con diferentes regatas nos distintos clubs da ría cada dúas semanas.

Para esta primeira etapa, que terá a saída o sábado ás 14.00, a organización dividirá a frota en grupos en función da súa velocidade teórica e indicará ás embarcacións un percorrido de aproximadamente 12 millas polo interior da ría.

As opcións que baralla a organización inclúen a posibilidade de que unha das 4 probas que forman esta Regata Alca sexa realizada en formato inverso, unha modalidade pouco utilizada pero que deixa imaxes espectaculares co groso da frota cruzando a liña de chegada moi xunta.

Entre os xa rexistrados destacan os vencedores da edición anterior. O Orlando, de Gerardo Sánchez, volverá tentar levarse esta regata para as súas vitrinas despois dunha tempada espectacular onde dominou a clase cruceiro de punta a cabo. O Fixius, de Miguel Pérez-Lafuente, do RCR de Galicia que despois dun verán apartado das regatas volve para a tempada outonal e o Chispetrén do Náutico Arousa Norte, que tentará defender as cores do club organizador. Non o terán fácil ante adversarios da entidade do Cámping Ría de Arousa, o Ziralla, o Galopín e un longo etcétera de unidades dispostas a levar para o seu palmarés particular esta primeira regata da tempada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.