A Pobra abre o prazo da inscrición no Servizo de Madruga e Comedor para o curso 2023-2024

01 Setembro 2023

Con vistas ao inicio do curso 2023-2024, o Concello da Pobra do Caramiñal confirmou que o alumnado e as familias contarán novamente co Servizo de Madruga e Comedor dirixido ás crianzas da Infantil e da Primaria. Os servizos teñen aberto o prazo de inscrición.

Trátase dunha medida que, segundo explica a concelleira da Igualdade, Estefanía Ramos, busca facilitar a volta á rutina das familias e contribuír a que poidan conciliar a vida persoal e laboral. Os ditos servizos estarán operativos, polo tanto, a partir do día 11 de setembro, data en que inicia o ano académico.

A ficha de inscrición está á disposición en www.apobra.gal e tamén no Departamento da Igualdade, situado fronte á Casa Consistorial. O trámite pódese efectuar precisamente nesta área municipal ou tamén a través das propias ANPA. No documento, ademais dos datos de carácter persoal e de contacto, deberase dar conta de información de interese como, por exemplo, enfermidades ou alerxias, ademais do período e número de horas elixidos para facer uso das prestacións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...