A Piscina Municipal de Outes inicia curso con actividades para a rapazada e para adultos

12 Setembro 2023

O Concello de Outes compartiu a axenda das actividades da Piscina Municipal para o curso escolar (2023-2024) que vén de dar comezo, tanto de sala como de natación.

O programa de cursos inclúe as seguintes disciplinas na modalidade de “sala”: pilates (cinco grupos en cinco horas diferentes), ioga (tres grupos), zumba (tres grupos), gap (dous grupos), step (un grupo, o mércores ás 20.00 horas) e full body (un grupo, os mércores ás 21.00 horas). Polo que se refire ás actividades de natación, haberá cursos para bebés (o sábado ás 9.45 horas), para a rapazada (iniciación, nivel medio e nivel avanzado) e para adultos (iniciación e perfeccionamento).

As inscricións xa están abertas.

Máis información na Piscina Municipal a través do teléfono 981 850 165.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.