“A non renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial, principal eiva de España no conxunto da UE” – Antón Luaces

11 Setembro 2023

España ten unha das taxas de confianza nos tribunais máis baixas da Unión Europea. De feito, un 56% dos españois valora a independencia dos xuíces como “mala” ou “moi mala”, situación que só superan os eslovenos, búlgaros, croatas e polacos. E aínda así, a renovación  do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) semella ser unha cuestión secundaria para partidos con representación parlamentaria ou, dito doutro xeito, non prioritaria cando, na realidade, o bloqueo do devandito Consello é unha mala nova para a convivencia democrática no seo do Estado e mesmo para a imaxe internacional fóra do país. É unha das piores manchas no currículo do país, que ostenta actualmente a Presidencia rotatoria do Consello da Unión Europea.

O colapso do Supremo é a consecuencia máis grave da falta de renovación do CXPX, titulaba recentememente un xornal de tirada nacional. E para o eurodeputado socialdemócrata Ibán García de Blanco “España non ten un problema co Estado de Dereito, teno coa oposición”. Patriotismo, engade, “tamén é falar ben do país na UE. Non vexo ningún outro partido que faga isto na Cámara. Baixen do monte”.

Fale quen fale,  o certo é que o bloqueo do Consello é unha mala nova. Porque o PP e Ciudanos levan anos orquestrando, recolle un xornal madrileño en declaracións do PSOE, unha ofensiva para desacreditar os intentos de desbloquealo  e cumprir así o ditado na Constitución.

A dereita política española forzou en Bruxelas varios debates sobre a situación do poder xudicial en España, o que levou a que, en máis dunha ocasión, se equiparara a Hungría e Polonia, o eixo que leva anos dinamitando a separación de poderes recoñecidos internacionalmente e que, en España, suscitan broncos debates no Congreso dos deputados que, certamente , non axudan a proxectar una boa imaxe do país.

E coñecido, o CXPX exerce as súas funcións desde decembro de  2018, unha parálise que o ex presidente catalán Carles Puigdemont cualificou como un dos principais problemas da súa desconfianza do sistema xudicial español e a separación de poderes.

A inquedanza neste senso en Bruxelas non é nova, como  evidencia o informe do Executivo comunitario contra a corrupción do ano 2020.

Outros artigos

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

+

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.