A Escola de Ballet Cen Pliés, con sede en Boiro, organiza este domingo 24 de setembro un espectáculo de danza no pazo de Goiáns, a partir das 19.00 horas. Será unha homenaxe á novela Alicia no país das Marabillas, de Lewis Carroll, e ao filme musical de Disney de 1951. Ademais, enmárcase nos actos dirixidos a conmemorar o centenario do nacemento de José Manuel Rey de Viana.
A cita enmárcase no ciclo Mes da Danza que organiza o Concello de Boiro. A entrada será un donativo de 2 euros en beneficio da Asociación de Axuda a Niños Oncolóxicos de Galicia (ASANOG).
Centenario do nacemento de José Manuel Rey de Viana
A Concellaría de Cultura do Concello de Boiro programou actividades durante o mes de setembro para conmemorar o Mes da Danza en homenaxe ao centenario do nacemento de José Manuel Rey de Viana.
O primeiro dos espectáculos foi o venres 1 de setembro ás 22.30 horas no pazo de Goiáns. Tratouse de Demente, da compañía de danza de Fran Sieira. Neste caso os beneficios recadados foron dar á asociación AGADEA Alzhéimer.
O seguinte dos espectáculos é este sábado en Goiáns e, como dixemos, correrá a cargo da escola de ballet Cen Pliés, que representará Alicia no país das marabillas. Os beneficios dos donativos recadados estes días serán para a Asociación de Ayuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG).
O último dos espectáculos celébrase o domingo 1 de outubro ás 20.00 horas, coincidindo dos 40 anos de que Rey de Viana trouxera o baile a Boiro. Será o Ballet Folclórico Galego quen represente un espectáculo para festexar a Rey de Viana e no que se recadarán beneficios para a Asociación Española Contra o Cancro.
Todos os espectáculos terán lugar na fortaleza de Goiáns, sen reserva previa, e a entrada será un donativo de 2 euros en beneficio das distintas entidades sociais.