A Deputación destina medio millón de euros para apoiar ás confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras

19 Setembro 2023

A Deputación da Coruña anunciou que vai destinar este ano 499.307 euros para apoiar ás confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras e mariscadores da provincia en cuestións coma a contratación de persoal ou a modernización das súas infraestruturas, procesos de produción e comercialización. A resolución definitiva de concesión das axudas vén de ser publicada no Boletín Oficial da Provincia deste martes, 19 de setembro.

A deputada responsábel da área de Mar e Medio Rural, Crisitina Capelán, subliñou “a importancia social e económica que os sectores pesqueiro e marisqueiro teñen na provincia da Coruña, onde xeran miles de empregos”.

Tamén dixo que “desde a Deputación queremos seguir apoiando a un sector estratéxico na nosa provincia” e destacou “que as axudas chegan á práctica totalidade dos pósitos da provincia e supoñen unha axuda fundamental para o seu funcionamento”.

Nun plano máis específico, a través deste programa as confrarías reciben axudas de entre 5.500 e 30.000 euros que poden destinar á contratación de persoal ou servizos externos como a vixilancia, adquisición de sementes de moluscos, modernización de procesos de comercialización, alugueiro de maquinaria, control de descargas, controis de calidade do produto, servizo de asesoramento aos pescadores artesanais, e outras actividades que supoñen melloras na súa actividade.

Outros artigos

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.