A Confraría de Pescadores de Portosín na celebración do seu 50 aniversario.

16 Setembro 2023

O presidente da Xunta participou na celebración do centenario da Confraría de Pescadores San Andrés de Portosín

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou esta sábado o papel das confrarías de pescadores na creación de riqueza nas vilas do litoral galego e na difusión da ‘marca Galicia’ a través dos produtos do mar que levan o nome da comunidade por todo o mundo.
O titular do Goberno autonómico, acompañado do conselleiro do Mar, Alfonso Villares, asistiu á celebración do centenario da Confraría de Pescadores San Andrés de Portosín, onde puxo en valor a contribución desta entidade ao avance económico, social e cultural desta localidade coruñesa. De feito, Rueda salientou que grazas ao traballo realizado pola confraría desde a súa fundación en 1923, Portosín é na actualidade un dos portos máis importantes de Galicia na pesca de cerco.
Ademais, o presidente da Xunta subliñou a creación do selo Azul de Portosín, un certificado que acredita a calidade e frescura dos peixes (xardas, sardiñas, xurelos ou bocartes) que capturan os mariñeiros da zona a través de artes de pesca artesanal, o principal motor da economía deste porto coruñés. Grazas a esta campaña, Portosín dá a coñecer os seus produtos máis aló de Galicia e xa conta con empresas de pratos precociñados ou grandes superficies comerciais interesados neles.
Homenaxe aos patróns maiores
A celebración do centenario da confraría de Portosín contou tamén cunha homenaxe aos 24 patróns maiores que estiveron á fronte da entidade ao longo da súa historia, desde Rogelio Roura -o primeiro en ocupar o cargo- ata o actual patrón maior, Isaac Gaciño. Rueda agradeceulles a todos o seu esforzo e compromiso na defensa dos intereses dos profesionais do mar da súa vila.

Redes sociais: Gonzalo Trenor

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.