A comunidade de mauritanos reúnese co alcalde de Ribeira

08 Setembro 2023

A comunidade de mauritanos que vive en Ribeira reuniuse hoxe co alcalde, Luís Pérez Barral, para unha primeira toma de contacto na que lle trasladaron ao rexedor a intención de realizar no municipio actividades de índole social e cultural.

Os representantes do colectivo que acada as 200 familias, informaron que están en pleno proceso de constituírse como asociación cultural e social chamada “Hermanos Españoles Mauritanos”. O seu presidente, Dedde Salem, xunto coas vogais Marien Lahbib e  Islem Hmeida, indicaron que teñen a intención de comezar a realizar eventos que permitan dar a coñecer os costumes, as tradicións, a lingua e a cultura da comunidade mauritana.

Pola súa banda o alcalde agradeceu esta primeira toma de contacto e trasladoulle a boa disposición do Concello de Ribeira a colaborar con todos os actos que supoñan mellorar a integración e a convivencia da comunidade. “Ribeira é unha cidade aberta, acolledora e multicultural, grazas ás actividades que pretenden desenvolver favorecerase a integración social e facilitarase que os ribeirenses coñezan máis aspectos da vida e cultura mauritana e eles coñezan máis a cultura galega” concluíu Pérez Barral.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...