A Asociación Cultural da Unidade Veciñal de Dodro organiza a “RUTA PENSA NAO para o sábado 23 de setembro.

08 Setembro 2023

A saída será do Souto de Manselle ás 10h e para inscribirse chega con mandar un correo electrónico a unidadevecinaldedodro@gmail.com ou unha mensaxe privada ás redes sociais da Unidade Veciñal de Dodro. O percorrido é de 17 Km e con unha dificultade mediana e está sinalizada grazas a financiación da área de Turismo da Deputación da Coruña. O custe é de dous euros.
A ruta está baseada no libro de Anxo Angueira que percorre o concello de norte a sur, e que permite visitar os seus principais elementos arqueolóxicos e etnográficos como os petróglifos da Devesa e de Bouza Badín, o Castro de Bexo, o conxunto de hórreos de Eira da Lavandeira de Imo e o magnífico Hórreo do Arco de Castro recentemente restaurado.
Será a cuarta vez que se realiza esta ruta por parte da Asociación Cultural da Unidade Veciñal de Dodro coincidindo co FESTIVALO de Manselle que nesta edición contará con “GarcíaMC&Nación Quilombo”, “Pulpiño Viascón” e o grupo revelación de Dodro “Pecha a Cansela” a partir das 20h.
En “Pensa Nao” Anxo Angueira recrea a biografía colectiva de Sernanselle, o espacio ficional que recrea o lugar do Souto de Manselle. Sernanselle é a aldea de Dodro Vello desde a que se enxergan as Brañas de Laíño e o río Ulla navegado por dornas e balandros, enchendo e devalando coas marés da Arousa. “Pensa Nao” é a historia dos seus habitantes nos anos da República, onde a modernización e dinamismo do mundo labrego, a traxedia da emigración, os seculares traballos comunais, a paisaxe e o amor se funden nun expresivo mosaico que acabou por ser esmagado co alzamento fascista.
Narrada cunha lingua riquísima e viva e nun estilo inusitadamente épico, “Pensa Nao” é a metáfora dunha Galiza aberta e en marcha, que onte e hoxe se adapta e resiste na dura travesía en procura da súa supervivencia cultural e política

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.