A ABE lanza unha campaña para fomentar o uso de envases biodegradábeis na hostalería local

15 Setembro 2023

A patronal boirense (ABE) puxo en marcha unha nova campaña para fomentar o coidado do medio ambiente e aliñada coa estratexia da Alianza Galega polo Clima na que está integrada a asociación empresarial. Desta volta o obxectivo é “reducir o consumo de plásticos e elementos non biodegradábeis nos envases que utilizan os negocios de hostalería para o envío de bebidas e alimentos a domicilio”, informou a patronal.

Deste xeito a ABE coa colaboración do Concello de Boiro distribúe aos seus locais asociados mais de 6.000 envases biodegradábeis feitos de caña de azucre, bambú e papel reciclado. Dentro dos recipientes destacan os vasos para bebidas quentes, dous tipos diferentes de soportes para estas bebidas e envases de 1,2 litros para alimentos. Os envases tanto para comida como para bebida xa están dispoñíbeis e os socios da patronal que o desexen poden contactar para reservar e recoller o seu lote.

Como indica o presidente Daniel García “dende a ABE estamos apostando pola posta en marcha de diferentes accións relacionadas co coidado do medio ambiente e a economía circular e esta é unha delas” ademais afirmou que “o obxectivo é por un lado concienciar aos socios e a cidadanía que con pequenos xestos como o de utilizar envases elaborados con vexetais, como a caña de azucre, redundan nunha mellora substancial do medio ambiente e tamén serven para mellorar a imaxe de marca do tecido empresarial local que se posiciona a prol do coidado do planeta”

Esta campaña segue as liñas estratéxicas establecidos no marco da Alianza Galega polo Clima, unha iniciativa que avoga pola busca de medidas comúns e coordinadas que xeren sinerxías na acción climática en Galicia e da que a ABE forma parte dende maio deste ano.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.