Este venres volve Paisaxes Sonoras, o festival que pon valor os tesouros do Barbanza a través da música

24 Agosto 2023

Volve Paisaxes Sonoras, o festival do destino Barbanza Arousa (Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo) que naceu co obxecto da posta en valor do territorio dando a coñecer as súas paisaxes e o seu valor patrimonial. Esta nova edición de Paisaxes Sonoras, a cuarta do festival, abrangue un importante elenco de artistas, segundo informou a Mancomunidade Barbanza Arousa, impulsora do certame, que sinalou que desta volta o festival iníciase o venres día 25 ás 20:00h coa actuación de Sés no porto vello de Taragoña (Rianxo). Esta actuación estará precedida por un roteiro guiado desde o castelo da Lúa con saída ás 17:00h ata o lugar de celebración do concerto. Para participar nesta actividade cortesía do concello de Rianxo debe realizarse reserva previa no teléfono 622322953 ou no correo electrónico turismo@avivae.com.

A seguinte actuación, a cargo do grupo Leilía, desenvolverase o sábado 26 ás 13:00h no parque da Cachada de Boiro. Ese mesmo día ás 20:00h terá lugar o concerto de Andrés Suárez no parque periurbano de San Roque (Ribeira) O peche do festival vai da man de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre o domingo 27 ás 13:00h na contorna da praia dos Areos na Pobra do Caramiñal. Durante a celebración do festival poderase degustar a gastronomía local e os viños da IXP de Barbanza e Iria da man dos sumillers Pedro Sestayo da Asociación Gallaecia (venres e sábado) e Juanjo Figueroa Treus da Asociación Galega de Sumilleres (domingo).

As entradas continúan á venda a través da plataforma www.ataquilla.com.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.