Urbapaz leva finalmente o IX Trofeo Pitusa Sabín organizado polo Real de Portosín

20 Agosto 2023

A segunda xornada da XXXV Regata Mar de #Finisterre – IX Trofeo Pitusa Sabín deixou no saldo das probas concluídas un novo trazado costeiro para a División dos Open e un só barlovento-sotavento para os veleiros da Clase ORC, ao ter que anular o segundo, que xa estaba en marcha, tras a caída total do vento.
Con éxito de convocatoria e de calidade deportiva dos barcos rexistrados nesta nova cita do Real de Portosín, levou finalmente o triunfo da clasificación xeral o Urbapaz, de Fran Edreira, do Club Náutico Cabanas, que lideraba desde o sábado os Regata ao facerse coa proba longa entre Portosín e a Enseada de #Finisterre, nun trazado de ida e volta. Hoxe volveu ser o mellor, no bastón disputado, e foi o seu mellor argumento non só para ratificar o seu triunfo na Clase Regata senón tamén para facerse co posto de vencedor absoluto. Segundo en Regata foi o Siradella, de Francisco Gude e César Álvarez, e terceiro o Alcaraván III, de Pablo García-Arenal, ambos de Portosín.
Nos Cruceiro-Regata o primeiro banzo do podio foi para o Adegas Terrae, de Vicente Cid. O veleiro que navega baixo grímpola do Real Club Náutico de Vigo está a vivir un momento doce, xa que vén de gañar o Rías Baixas na súa División dos ORC 3. A posto prata adxudicoullo o Orión, de Alberto Pérez, do Monte Real Club de Iates de Bayona, sendo bronce o Namaste, de Luís de Mira, tamén de Bayona.
Por último, nos Open, destacaban tres barcos locais, do Real de Portosín: o Totem, de Felipe Cale; o Bacor, de Javier Villamil; e o Atlante, de Ignacio Hermo, por esta orde primeira, segundo e terceiro, respectivamente.

A compoñente foi do norte, sen mover o seu eixo mantívose, aínda que desinflándose a última hora da mañá, pasando dos 7 nós constantes aos 2-3 no momento de anular a segunda manga.
Presidiron a entrega de premios Pitusa Sabín e Jacinto Hernández, acompañados polo presidente do Real Club Náutico de Portosín, membros da súa Xunta Directiva e da Corporación Municipal do Concello de Porto do Son.

Outros artigos

A campaña de reciclaxe “Impropio de Nós” recala no Son

A campaña Impropio de Nós recalou este venres 10 de xullo no concello do Porto do Son. A iniciativa consiste nun box destinado a concienciar á veciñanza da importancia de reciclar e depositar no contedor amarelo as latas ou os envases de plástico.  A cartelería estará...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.