Un menor que circulaba en bicicleta resultou ferido de consideración en Rianxo despois de bater contra un vehículo

17 Agosto 2023

O rapaz, que circulaba en bicicleta,  bateu contra un coche que estaba estacionado na Rúa Pazo, á altura do número 54, en Asados, Rianxo.

Foron varios os particulares que, ao fío das 16:00 horas, contactaron co 112 Galicia para solicitar asistencia sanitaria urxente para un rapaz que ía en bici e que chocara contra un coche.

Decontado, desde o 112 Galicia informouse dos feitos ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que derivaron unha ambulancia ao punto. Tamén foron avisados os axentes de Tráfico, da Policía Local e de Protección Civil de Rianxo, que, debido á gravidade das feridas ocasionadas, encargáronse de recoller aos profesionais sanitarios do Punto de Atención Continuada da localidade para atender ao menor mentres non chegaba a ambulancia. Do mesmo xeito, os xestores do 112 tamén puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Boiro.

Segundo a información recibida no 112 Galicia, os servizos sanitarios tamén derivaron un helicóptero medicalizado, aínda que, finalmente,  o rapaz foi evacuado en ambulancia.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.