Turismo de Rianxo achega un roteiro para conmemorar os 250 anos da chegada da Moreniña

29 Agosto 2023

A maiores do programa habitual de concertos, eventos e actividades culturais, a edición 2023 das Festas da Guadalupe completarase cun roteiro impulsado dende a Área de Turismo do Concello para conmemorar os 250 anos da chegada da Moreniña. Trátase dun itinerario guiado no que se explicarán acontecementos históricos como a chegada da virxe á capela de San Xosé da Floresta en Rianxiño ou como finalmente foi trasladada a imaxe á capela actual na praza de Castelao.

“Será un recorrido ameno pola vila, no que faremos lembranza da historia poñendo en marcha un roteiro polo patrimonio cultural rianxeiro”, explicaron dende o Concello, engadindo que a ruta celebrarase o martes 12 de setembro ás 10:30 h. As inscricións poden facerse en liña. Podemos solicitar máis información na conta turismo@avivae ou chamando ao 622322953.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.