Tres persoas rescatadas en Porto do Son mar adentro nunha lancha pneumática

08 Agosto 2023

Os tres navegantes foron recollidos en perfecto estado de saúde e deixados en terra.

Todo sucedeu sobre as tres e vinte desta tarde. A esa hora, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para informar dunha lancha pneumática moi adentrada no mar, segundo relataba esta persoa, estaba a unha distancia excesiva para ese tipo de embarcación e podía resultar perigoso polo estado que presentaba o mar nesa zona, na praia de Boca do Río, en Xuño, no concello de Porto do Son.

Con estes datos, desde o 112 informouse da situación ao persoal de Salvamento Marítimo, que desprazaron axiña a embarcación Salvamar Régulos. Así mesmo, informouse dos feitos ao Servizo de Gardacostas de Galicia, aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade e aos axentes da Garda Civil e da Policía Local.

Con todo, os efectivos de Protección Civil indicaron que a embarcación de Salvamento recolleu aos tres navegantes e trasladounos a terra. Todos eles en perfecto estado.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala en Muros entre o 16 e o 18 de outubro

Artur Puga O Mercado Municipal de Muros acollerá entre o 16 e o 18 de outubro (de venres a domingo) a edición 2026 do Culturgal Expandido, coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Muros. O programa inclúe actividades para todas as idades e a presenza...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.