Raquel Queizás mostra hábitos acuáticos seguros á rapazada de Boiro (este venres no Centro Social de Abanqueiro)

01 Agosto 2023

A contadora, escritora e actriz Raquel Queizás estará este venres 4 de agosto en Boiro, ao abeiro do seu programa de actividades Cambio e Conto. Queizás acudirá á nosa comarca con Desafógate: unha aventura acuática. Será ás 12.00 horas no Centro Social de Abanqueiro. Trátase dun espectáculo de contacontos para público infantil e familiar.

Desafógate é unha proposta dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 8 anos e aos seus proxenitores, que busca fomentar a prevención do afogamento infantil e as condutas seguras no medio acuático. Faino a través dunha obra de teatro dirixida e interpretada pola actriz e contadora Raquel Queizás, complementada por un obradoiro para aprender a realizar as manobras de reanimación cardiopulmonar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

Anda el mundo en sus circunstancias, no pocas desalentadoras. Entre ellas, cada uno semeja andar a lo suyo -menos yo, que diría el paisano, que ando a lo mío-. Transaccionar -negociar, convenir- consensos básicos sobre temas esenciales: la salud, la paz, la...