Publicada no DOG a mellora da estación depuradora de augas residuais de Noia

08 Agosto 2023

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a formalización da encomenda á Empresa de Transformación Agraria, S.A. S.M.E., M.P. (Tragsa) para executar a mellora da estación depuradora de augas residuais de Noia, cun investimento de máis de 2,3 M€.

Na seguinte ligazón ao DOG pode consultarse a información: http://xurl.es/oc7dl

Os traballos, que contan cun prazo de execución de 10 meses, céntranse na reforma, transformación e modernización dos distintos elementos que compoñen a planta de tratamento de augas residuais municipal e mellorar o saneamento da ría de Noia.

Esta nova intervención da Xunta inclúense no Plan de saneamento local e redundarán na mellora da calidade de vida dos veciños e no futuro da pesca, do marisqueo e do turismo.

Actualmente as instalacións municipais de tratamento de augas residuais de Noia presentan deficiencias en distintos equipos de funcionamento e de capacidade, provocando vertidos contaminantes á ría. 

Ademais, o propio edificio que alberga a depuradora presenta deficiencias na estrutura, precisando da renovación da metade da cuberta e das baixantes, fundamentalmente polo ambiente corrosivo, así como da instalación dun bo sistema de ventilación para evitar que o proceso corrosivo se reproduza.

As obras a executar

Para solucionar estes problemas coa encomenda da entidade hidráulica da Xunta a Tragsa, os traballos céntranse na reforma, transformación e modernización dos distintos elementos que compoñen a planta de tratamento de augas residuais municipal. 

Máis concretamente, entre os traballos inclúese a instalación dunha nova reixa de grosos automática, previa ao bombeo de cabeceira, interceptando as conducións de entrada antes da reixa existente e deixándoa como by-pass, para o que se instalarán comportas para independizar cada unha das canles.

Tamén se instalará unha ponte desareadora desengraxadora que enviará as areas ao clasificador de areas e as graxas ao concentrador.

Disporase un novo equipo de produción de microburbulla para optimizar do proceso do sistema de flotación por aire disolto para a optimización do proceso da auga a tratar.

Na reforma desta planta de tratamento de augas residuais inclúese, tamén, a instalación de novos equipos de dosificación de reactivos. 

As actuacións prevén a renovación da metade da cuberta do edificio que queda por substituír e das baixantes de recollida de auga. Tamén se incluirá a instalación de sistema de ventilación para a renovación do aire do edificio. 

Esta intervención enmárcase no convenio selado entre a Xunta e o Concello de Noia, polo que a administración autonómica se compromete a executar e financiar integramente as actuacións; e a administración local, pola súa banda, asume a recepción, mantemento e conservación das actuacións que se leven a cabo.

A intervención será cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do programa Feder Galicia 2014-2020 e do programa Galicia Feder 2021-2027.

A Xunta leva investido nos últimos anos 4,7 millóns de euros en actuacións de apoio ao Concello de Noia en materia de infraestruturas hidráulicas, destacando a execución da rede de colectores xerais ou a mellora da depuradora.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...