Presentación  XXXV Regata Mar de Finisterre e IX Trofeo Pitusa Sabín-RCN Portosín

17 Agosto 2023

O salón principal do Real Club Náutico de Portosín foi o marco de presentación da XXXV Regata Mar de Finisterre, que desde o últimas nove edicións promoven Dominga Sabín e Jacinto Hernández, baixo a denominación de Trofeo Pitusa Sabín.

Pitusa e Jacinto, recentemente chegados de Estados Unidos foron os anfitrións ante os medios de comunicación da presentación oficial da gran cita velística, conducindo o acto Jorge Arán, presidente da entidade social e deportiva, acompañado de Carlos Lorenzo, concelleiro de deportes do Concello de Porto do Son; Pablo García, comodoro; así como de Isaac Gaciño, patrón maior da Confraría de Pescadores de Portosín; e José García, Jesús Sulleiro e José Antonio García, membros da directiva.

“Nós, como entidade deportiva, organizamos ao ano dúas grandes regatas: unha mira cara ao sur, roldando Corrubedo; e a outra cara ao norte, chegando ata Fisterra, que é a que patrocinan Pitusa e Jacinto e que está chea de grandes atractivos paisaxísticos, pero tamén dunha navegación máis superficial”, comentaba o presidente Arán.

“O club terá un barco sempre pendente dos regatistas nesta travesía, xa que é un percorrido por mar aberto nalgúns tramos e noutros o trazado está cheo de baixos rochosos”, explicaba o comodoro Pablo García.

“Como sempre Pitusa e eu estamos moi contentos de patrocinar este evento”, dicía Hernández. “Para o meu non só é un evento deportivo, é un tributo a esta señora (en referencia á súa muller Pitusa), que sempre foi moi altruísta coa xente que necesitou algo nesta zona. Sempre estivo disposta ao que fora”, terminaba dicindo Jacinto.

A primeira proba dispútase este sábado, cun trazado costeiro de 40 millas náuticas, un 74 km. entre Portosín e a Enseada de Fisterre, de ida e volta, facendo paso intermedio polo Faro do Carrumeiro
Novo, moi próximo á boca de entrada da ría de Corcubión. Os máis pequenos realizarán un percorrido polo interior da ría de Muros e Noia dunhas 10 millas, un 18 km., sendo, con toda probabilidade, a súa metade de percorrido unha boia fondeada nas inmediacións da praia de Arnela.

O domingo o comité da regata ten programado celebrar dous bastóns ao vento, os clásicos barlovento-sotavento en augas muradás e noiesas.

Os barcos que se suman a esta novena edición do Trofeo Pitusa Sabín son o Siradella, de Fernando Gude e César Álvarez, do Real de Portosín; o Urbapaz, de Fran Edreira, do Club Náutico Cabanas; o espectacular Lambaix, de Antonio Ríos, e o Eleko Mambo, de Cándido Losada, ambos de Cabanas; o Cámping Ría de Arousa, de José Manuel Pombar, do Club Náutico Arousa Norte; o Ronáutica Mariñas, de Jorge Carneiro, do Club Náutico San Telmo; o Kanala, de Ignacio Ecenarro, de Portosín; o Adegas Terrae, de Vicente Cid, do Real Club Náutico de Vigo, que vén de gañar a súa División de ORC 3 no Rías Baixas; ou os J80 Impresión 3D Atlántico, de Guillermo Blanco, do Real Club Náutico da Coruña e o Namaste, de Luis de Mira, do Monte Real Club de Iates, entidade á que tamén representa o Orión,de Alberto Pérez, entre moitos outros e que son embaixadores de máis dunha decena de entidades náuticas e deportivas de Galicia.

O top de saída, en ambas as xornadas da fin de semana, está programado ás 12.00 horas do mediodía.

Foto Juan Caballero

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.