Portosín honrou á Virxe do Carmen nas súas festas

13 Agosto 2023

Portosín celebrou este domingo a última xornada das festas dedicadas á Virxe do Carmen que organiza a confraría. Pola mañá tivo lugar a misa, precedida dunha vistosa e concorrida procesión terrestre na que levou a imaxe da patroa dos mariñeiros desde a igrexa ata a carpa instalada no porto.

Entre os asistentes aos actos figuran o conselleiro de Mar, Alfonso Villares, acompañado da súa antecesora, Rosa Quintana. Á misa da mañá tamén asistiu Susana Rodríguez, responsable de Desenvolvemento Pesqueiro. En representación das confrarías acudiron o presidente galego, José Pérez, o nacional, Basilio Otero, e os patróns maiores de Lira, José Mariano Lago; Porto do Son, Emilio Queiruga; e Aguiño, José Santamaría. Tampouco faltaron o alcalde de Porto do Son, Luís Oujo, nin outros concelleiros da corporación municipal.

O barco encargado de levar a imaxe da patroa pola ría é o Maruxía, de Manuel Ventoso. Os asistentes tributarán o recoñecemento aos falecidos no mar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...