
O Tribunal Administrativo do Deporte (TAD) pode ser quen, definitivamente, abra un expedente disciplinario a Luis Manuel Rubiales Béjar, actual presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) para inhabilitalo por unha presunta infracción grave da Lei do Deporte ao bicar na boca, sen consentimento da afectada (a futbolista da selección española de fútbol feminino, Jennifer Hermoso) unha vez rematado o partido entre as selecciòns de Inglaterra e España na fjnal do campionato que se desputou o pasado domingo en Sidney, a capital de Australia.
A presión social, deportiva e mediática foi decisiva á hora de que Jennifer Hermoso puxera nas mans do seu sindicato (FUTPRO) as accións que se poda levar a cabo contra Rubiales. O sindicato a fixo pública a súa “firme condea ante condutas que atentan contra a dignidade das mulleres” e esixe ao Consejo Superior de Deportes que se “apliquen sancións e se adopten as medidas pertinentes que protexan ás futbolistas de accións que son inaceptables”.
Deste xeito, o sindicato FUTPRO, en coordinación coa axencia de Jennifer TMJ, están a facerse cargo de defender os intereses da xogadora e seren os interlocutores sobre este asunto, segundo confirmou a propia Jennifer Hermoso.



