Os John Deeres achegarán en Rianxo unha ración de rock duro made in Galicia (o venres 18)

08 Agosto 2023

No marco do ciclo Música na Noite, a banda de rock galego Os John Deeres vai achegar un concerto o vindeiro venres 18 de agosto. Será ás 22.00 horas na praza de Rafael Dieste.

Os John Deeres levan 15 anos facendo rock duro en galego. O grupo estradense está composto na parte instrumental por Xermán Bernárdez, José Carbia, Marcos A. Muíños e Manuel Reices, completándose na parte vocal con Vane García.

Logo de publicar 8 (2013) e 20-20 (Free Code Jazz, 2017), Os John Deeres editan Cinzas durante a pandemia de COVID, un EP gravado no local de ensaio con distintas colaboracións e con portada do tamén estradense Alberto Cardona.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...